Desgalinovas:Os talibán reinvidican un terremoto con máis de 8 mortos en sur de España como vinganza pola execución de Bin Laden

De Desgalipedia


Desgalinews logo.png Este artigo é parte de Desgalinovas, a súa fonte de ignorancia 24 horas ao día.

Axencia Desgalinews - 16/05/2011: O movemento talibán paquistaní (TTP, siglas en urdu) reivindicou o terremoto contra unha academia das forzas de seguridade no sur de España que matou hoxe polo menos 8 persoas, informou a canle privada "Dunya".

Cita1.png É unha vinganza pola morte de Osama Bin Laden Cita2.png
asegurou nunha chamada anónima por teléfono vía satélite a esa canle de televisión un voceiro do TTP, identificado como IP.

Segundo fontes policiais consultadas por Efe, 79 recrutas da garda de fronteiras (Frontier Corps ou FC) e nove civís perderon a vida no dobre ataque suicida rexistrado na cidade de Charsada, a dúas horas en coche da capital paquistaní. Entre os 105 feridos, 25 están en situación grave, segundo estas fontes.

O atentado tivo lugar cando recrutas deste corpo de seguridade se dispuñan a volver en autobuses ós seus domicilios tras varios días de adestramento.

Cita1.png Continuarán os nosos ataques contra as forzas de seguridade. Non enviedes os vosos nenos ás escolas hoxe Cita2.png
ameazou e advertiu o voceiro talibán na mensaxe lida a "Dunya", segundo dixeron fontes da oficina desa canle televisiva na cidade de Peshawar, contactadas telefonicamente desde Islamabad.

[editar] Desgalifontes

Ferramentas persoais
Ver e editar dados de namespaces

Variantes
Accións
Navegación
Proxetos
Redes sociais
Comunidade virtual
Caixa de ferramentas