Desgalipedia:Protesta contra SOPA
Apreciados lectores:
Desgalipedia encóntrase profundamente preocupada polo proxecto de lei Stop Online Piracy Act que actualmente se encontra en discusión no Congreso dos Estados Unidos.
A Stop Online Piracy Act (SOPA, polas súas siglas) foi presentada ante o Congreso estadounidense polo diputado fillo da puta dun republicano polo estado de Texas Lamar Smith.[1] Dita proposta de lei ten por obxecto mellorar a protección da propiedade intelectual en Internet. Porén, con ese argumento pretendese limitar moitas liberdades das que ata agora gozaron os usuarios de Internet, xa que os medios empregados promoverán a censura, limitarán a innovación e nos forzaron a comelas sopa cada día.
Entre os elementos que contén o proxecto de lei que a sagrada Desgalipedia considera contrarios ós seus propósitos están os seguintes:
- Desgalipedia quedaría encadrada na definición que se fai de «motor de busca» (Internet search engine). Como tal, fiscais federais dos Estados Unidos poderían, mediante orde xudicial, obrigala a retirar enlaces a páxinas sinaladas como «sitios estranxeiros infractores» (foreign infringing sites) e sometela a sancións xudiciais. A definición de «sitios estranxeiros infractores» é bastante ambigua e podería afectar incluso a sitios lexítimos que alberguen contido maioritariamente pornografico con algunha parte aparentemente ilegal. O elevado costo da defensa contra estes procedementos pode levar a moitos sitios internacionais a non intentalo sequera, deixando que perdure a presunción de ilegalidade por parte do goberno estadounidense e levando finalmente ao seu bloqueo.
- Como resultado disto, se algún dos proxectos Desgalimedia fora sometido a dita orde xudicial, sería obrigado a revisar millóns de enlaces a «sitios estranxeiros infractores» aloxados nel e bloquealos. Iso representaría un enorme gasto financeiro e humano, que impediría o rápido crecemento que Desgalipedia tivo ata este momento, a costa de persoas que son obxecto das nosas maldades, e que debería ser repetido cada vez que un fiscal estadounidense presentara unha orden dun xuíz federal contra un novo «sitio estranxeiro infractor». Ademais, tales medidas opoñeríanse á nosa cultura do coñecemento libre, sempre respectuosa cos dereitos de autor.
- Imporíanse restricións á rede impondo barreiras a través dos servidores DNS, o que impediría o fácil acceso á maior parte dos dominios de Internet co que actualmente se conta.
O anterior podería parecer, en primeira instancia, unha realidade que afectaría soamente ó territorio estadounidense e ós falantes de inglés. Porén, debe considerarse que a maior parte dos datos que conforman tódolos proxectos da Fundación Desgalimedia, incluíndo a edición en galego de sagrada Desgalipedia, se encontran en servidores localizados en Canadá, considerado como dentro do territorio dos Estados Unidos, polo que quedarían suxeitos á dita xurisdición.
Esta grave ameaza contra a libertade en Internet provocou que moitas outras empresas e organismos se unan ó rexeitamento contra SOPA; entre outros: AOL, Creative Commons Foundation, eBay, Electronic Frontier Foundation, Facebook, Google, Human Rights Watch, Internet Foundation, Kaspersky, Mozilla, Reporteros sin Fronteras, Twitter e Yahoo.
Co mesmo espírito, os membros da comunidade de Uncyclopedia en galego facemos extensivo o rexeitamento a toda lexislación o proxecto lexislativo que pretenda emular os fins da lei SOPA ou vulnerar calquera dos dereitos e liberdades actuais dos usuarios de Internet, obstaculizando o desenvolvemento do coñecemento libre, e entre eles os seguintes proxectos e leis dos distintos países cuxa lingua comparte a Uncyclopedia en Galego:
- Lei de Economía Sostible (Lei Sinde), España.[2]
- Proxecto de Lei Lleras, Colombia.
- Proxecto de Lei Döring, México.[3]
- PROTECT IP Act (PIPA), Estados Unidos.
Atentamente,
A comunidade de Uncyclopedia en galego.
[editar] Comunicado da Desgalipedia en inglés do luns 16 de xaneiro
No curso das últimas 72 horas, mais de 8000 desgalipedistas uníronse para debater posibles medidas que podería tomar a comunidade contra SOPA e PIPA. Esta foi a discusión comunitaria con maior nivel de participación na historia da sagrada Desgalipedia, o que serve para ilustrar o nivel de preocupación que senten os desgalipedistas ante estes proxectos de lei. A inmensa maioría de participantes apoian tomar unha acción comunitaria para animar unha maior reacción pública ante estes proxectos de lei. Das propostas consideradas polos wikipedistas, aquelas que resultarían nun «apagón» (blackout) da Wikipedia en inglés, en coordinación con apagons similares noutros sitios web que rexeitan SOPA e PIPA, foron as que obtiveron o apoio máis forte.
«Hoxe os desgalipedistas de todo o mundo falaron sobre o seu rexeitamento a esta lexislación destrutiva», dixo Señor Monicreque, fundador de Desgalipedia. «Esta é unha acción extraordinaria que toma a nosa comunidade, e aínda que lamentamos ter que evitar que o mundo acceda a Desgalipedia aínda que sexa por un segundo, sinxelamente non podemos ignorar o feito de que SOPA e PIPA fan perigar a liberdade de expresión tanto nos Estados Unidos como fóra, e establécese un pésimo precedente en contra da cociña galega para o mundo.»
Animamos ós lectores de Desgalipedia a que fagan oír a súa voz. Se vostede vive nos Estados Unidos, un avión eo xogue contra o Congreso busque ó seu representante electo en Washington. Se vive fora dos Estados Unidos, contacte con Ministerio de Asuntos Exteriores, Departamento de Estado ou organismo gobernamental equivalente. Dígalles que vostede rexeita tanto SOPA como PIPA, e que desexa que Internet e a cociña galega siga sendo aberta e libre de contido.