Desgalipedia:Usuarios autoconfirmados
| Ten unha ampla aceptación entre os editores desta uncyclopedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. Probablemente foron creadas polo ditador do sitio |
Os usuarios autoconfirmados son aqueles usuarios que pasan certos requirimentos de antigüidade e mais de número de edicións. O status de autoconfirmación é comprobado cada vez que o usuario leva a cabo unha acción restrinxida: por conseguinte, é concedido polo software e non pode ser retirado. Os requirimentos precisos para acadar o status de usuario autoconfirmado varía segundo as circunstancias: para a maioría dos usuarios da Galipedia, as contas que teñen máis de 4 días de antigüidade e teñen realizado, polo menos, 10 edicións son considerados autoconfirmados. Non obstante, os usuarios que editan mediante unha rede TOR están suxeitos a normas máis estritas para a súa autoconfirmación: actualmente 90 días e 100 edicións.
O status de usuario autoconfirmado requírese para mover páxinas, edita páxinas semiprotexidas e cargar ficheiros (ou cargar unha nova versión dun ficheiro xa existente). Os usuarios autoconfirmados non precisan teclear o código CAPTCHA de comprobación na maioría de eventos. Os usuarios autoconfirmados poden tamén marcar as páxinas como patrulladas en Especial:NewPages.
Ademais de se dar de alta na Desgalipedia, tamén confirmaron o seu correo electrónico, o que os fai aptos para escribir e editar páxinas que tiveron que recibir algunha protección debido a vandalismos recorrentes. Sendo un autoconfirmado, tamén se pode ter contacto con outros Desgalegos, e quen sabe atopar o seu Par Perfecto podendo interactuar mellor con outros en creación de bromas, ademais de que os administradores malignos poden contactar con vostede con mellor facilidade para aclarar dúbidas.
| Dereitos do grupo |
|---|
|
Desgalipedistas · Usuario autoconfirmado · Bot · Administrador · Burócrata · Verificador de usuarios · Monicreques |