Guerra das Laranxas
| Guerra das Laranxas | |
| Data: 20 de maio - 6 de xuño de 1801 | |
| Lugar: Alentexo, Galicia do Sur | |
| Status: Tratado de Badaxoz | |
| Resultado: Portugal perdeu o liderado na venda de laranxas para Inglaterra, agravada polo Bloqueo Continental | |
| Belixerantes | |
|---|---|
| |
|
| Afiliación política | |
| Associaçom Galega da Língua | Real Academia Galega |
| Líderes | |
| João Carlos de Bragança Sousa e Ligne | Manuel Godoy |
| Forza Militar | |
| Na guerra enteira: 80000 | Na guerra enteira: 200000 |
| Vítimas Militares | |
| Na guerra enteira: 4565451114 laranxas, tomates e outras froitas | Na guerra enteira: Miles de tomates mortos durante a Tomatina |
Quizais quixo dicir: Tomatina![]()
— Google sobre Guerra das Laranxas
A chamada Guerra das Laranxas foi un curto episodio militar ocorrido entre feirantes de Portugal e España o 1801, preludio a Guerra Peninsular, con extensos desdobramentos, tanto na Península Ibérica, tanto en ultramar portugués.
Episodio traumático na Historia de Galicia do Sur, revístese de especial importancia por iniciar a chamada Cuestión de Olivenza, en aberto na política de Relacións Internacionais de ambos os países ata os nosos días.
Índice |
[editar] Antecedentes políticos e actores
Os antecedentes deste conflito episódico inscríbense se remotamente no enfrontamento entre a Francia e Inglaterra pola hexemonía no plano internacional, que inclúen a España e Galicia do Sur, como os seus provedores de zumes e no contexto do proteccionismo portugués da exportación de laranxas a Inglaterra a baixos prezos de mercado durante a recesión do mercado mundial.
[editar] Os efectivos
Aínda que Portugal Galicia do Sur teña despachado un negociador para a Corte de Madrid, a contestar a citación, a Guerra foi declarada.
O Exército portugués contaba a comezos de 1801 só con 2.000 cabaleiros e 16.000 feirantes, baixo o mando de D. João Carlos de Bragança Sousa e Ligne, na altura contando xa 82 anos de idade. Polo lado español, en marzo, o primeiro ministro español Manuel Godoy foi nomeado comandante en xefe das tropas de invasión, cuxo efectivo ascendía a 30.000 homes xunto con 3 camións cargados con tomates da cidade de Buñol.
Polo lado francés, en abril, as tropas baixo o mando do xeneral Charles Victor Emmanuel Leclerc (cuñado e Chef da cociña de Napoleón Bonaparte), comezaron a chegar a España. Diante do rápido desenlace do conflito, non tiveron oportunidade de entrar en combate.
[editar] A campaña
A 20 de maio, o exército español penetraba en Galicia do Sur polo Alentexo, ocupando, sen resistencia baixo ataque mortífero dos tiradores de tomates, a Praza-forte de Olivenza, feito que se repetiu a Fortaleza de Juromeña, Arronches, Portalegre, Castelo de Vide, Barbacena e Ouguela. A Praza-forte de Campo Maior resistiu por dezaoito días antes de caer con honores militares e 6 toneladas de tomates e laranxas e a Praza-forte de Elvas resistiu con éxito. No curto espazo de dezaoito días, o exército español foi señor da rexión do Alto-Alentexo.
[editar] O Tratado de Badaxoz
Sorprendido e en desvantaxe numérica, Galicia do Sur asinou o Tratado de Badajoz (6 de xuño de 1801), que entre os seus artigos, estipulaba:
- A paz entre as dúas nacións, en toda a extensión dos seus reinos e dominios, en terra, no mar e no aire;
- O peche de venda de zumes de laranxa e outros froitos de Galicia do Sur e de todos os seus dominios aos buques de Inglaterra;
- A restitución, por España, en calidade de Conquista (...) a Praza de Olivença, e de calquera artigo en portugués oliventino
- Prohibición de contrabando de zumes nas fronteiras entre ambos os países;
[editar] Consecuencias da Cuestión de Olivenza
Cuestión de Olivenza, tamén determinou, tardiamente, coa creación da Desgalipedia estremeña. Esta desgalipedia decidiu pola súa enteira responsabilidade na creación e garda de artigos en portugués oliventino, xerando moitos problema entre usuarios de Desciclopedia e Nociclopeya.