Venres
O Venres é o quinto día da semana. O nome "Venres" vén do latín veneris (dies) ou día de Venus, deusa romana do amor e das enfermidades venéreas. Durante os últimos anos desprazou en moitos falantes o nome orixinal galego Sexta-feira por influencia do nome castelán de onde foi introducido na lingua polos tramontinos.
Venres tamén pode ser definido como: día no que xa debería ter feito todo o seu traballo da semana e que non serve para reaver todo o traballo atrasado. Por definición, o traballo neste día só render, como máximo, ata as 14h30m. Non adianta loitar contra as forzas do universo, os seus intentos de compensar o traballo que non foi feito durante a semana toda, nunha venres, será errado. Venres é o día máis esperado da semana. Especialmente ás 18 horas do Venres, cando millóns de persoas en todo o mundo saen dos seus traballos, onde son humillados, case ata o punto de escravitude, para ir divertirse, sexa en festas ou simplemente ir ao bar tomar unha cervexa cos amigos.
| Días da Semana |
|---|
| Luns ~ Martes ~ Mércores ~ Xoves ~ Venres ~ Sábado ~ Domingo |
